07.06.2018 / Ayudas y Subvenciones
PROGRAMA BONO AUT?NOMOS 2018

BENEFICIARIOS
As persoas traballadoras autónomas que estean de alta no réxime de autónomos ou en mutualidade de colexio profesional, que teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade profesional ininterrompida por un prazo superior a 42 meses  e que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF anual inferior a 30.000€ e unha facturación mínima anual de 12.000€, IVE incluído, declarados no ano anterior a convocatoria.
EXCLUÍDOS: Autónomos dependentes, familiares colaboradores, autónomos societarios e parcialmente os beneficiarios da axuda en 2017.

SUBVENCIÓN
Para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional poderase conceder, mediante pagamento anticipado, unha subvención dun 80% da actividade que se subvencione cun límite máximo de 3.000€ polo conxunto de actividades subvencionables. Esta axuda terá dúas liñas de actuación:

    LIÑA 1. Mellora da competitividade a través dos seguintes servizos: Investigación de mercado, Plan de marketing, Plan de comunicación do negocio, Plan estratéxico, Plan de crecemento (constitución de sociedade), Plan de reorientación do negocio, Plan de uso de novas tecnoloxías, Plan de refinanciamento e outros estudos e planes que teñan como fin aumentar a competitividade da empresa.

    LIÑA 2. Mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos: Compra de maquinaria, útiles e ferramentas, reforma do local de negocio, equipos informáticos, rótulos, aplicacións informáticas e páxinas web e creación de logotipo de negocio.

As liñas 1 e 2 non son excluíntes nin entre elas nin entre os distintos servizos e investimentos que as configuran. A axuda para a compra de equipos informáticos outorgarase unicamente a persoas autónomas con código de actividade CNAE 62, 631, 69, 702, 71, 72 e 741.

OBRIGAS: Permanecer de alta no RETA ou mutualidade durante un tempo mínimo de 2 anos, xustificar o cumprimento dos requisitos, así como, da realización da actividade, estar ao día coas diferentes administracións, dispor dos libros contables e, adoptar as medidas de publicidade, entre outros.

PRAZOS: O prazo de presentación de solicitudes será ata o próximo día 04/07/2018, o período de xustificación será o indicado na resolución de concesión ou en todo caso, ata o 20 de decembro de 2018.

Quedamos a seu dispor para ampliar máis información, sobre esta e outras convocatorias de axudas e subvencións que puideran ser do seu interese.



En Ferrol a,7 de xuño de 2018

CENDAL ASESORES, SL

Descargar documento adjunto

© Cendal